Volver

03/09/2013  

CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA PARA O ANO 2013


Na Real Sociedad Económica de Amigos del País de la ciudad de Santiago recibiuse unha carta da Deputación Provincial da Coruña do 26 de agosto de 2013, na que nos comunicaba, segundo resolución número 15.391, que, a presidencia desa Excma. Deputación, despois de ver a proposta da comisión avaliadora, e os informes de SECCIÓN DE CULTURA E DEPORTES e da Intervención Provincial resolveu: CONCEDER as subvencións correspondentes ao programa FO203/2013 - Convocatoria de programas de apoio á cultura dirixidos a entidades para actividades durante o ano 2013 publicado no BOP nº 239, do 17 de decembro de 2012, correspondente ao exercicio 2013 e que son: Beneficiario : REAL SOCIEDAD ECONÓMICA DE AMIGOS DEL PAIS DE SANTIAGO Importe subvención: 3.195,00 euros. Obxecto subvención: Mantemento, custodia e actualización do Arquivo da RSEAPS. Os obxectivos que perseguimos con esta subvención son a xestión do Arquivo, para que se atope en boas condicións para a súa consulta por parte de estudantes, investigadores e historiadores; tamén a organización de ciclos de conferencias; a edición de publicacións e todas estas actividade apoiadas e destacadas na páxina web da RSEAPS, que mantemos actualizada diariamente con todas as incidencias das diferentes actividades desenvolvidas, tanto en lingua galega como castelá. Desde a nosa institución queremos agradecer á Deputación da Coruña o seu apoio, que nos axuda a seguir desenvolvendo a nosa actividade.

© Real Sociedad Económica de Amigos del País
de la ciudad de Santiago - 2008

Inicio  -  La Institución  -  Contacto  -  Legal  -  Política de cookies